Quarta-feira, 1 de Junho de 2011

Eis un par de voces en galego para o Tom Tom, para quen as quera:

As miñas voces Vitor e Vitiño. Como Vitiño fáloche de ti e como Vítor fálolle de vostede.


Só tes que baixar os seis ficheiros data77.bmp, data77.chk, data77.vif, data78.bmp, data78.chk, data78.vif e copialos no cartafol /voices dentro do TomTom. Pódelos baixar de vez, comprimidos en "TodosXuntos.zip"

Tamén compartillei as voces no portal do TomTom, se usas o programa TomTom Home poderalas baixar directamente da Internet ao aparello.

OUTRAS VOCES GALEGAS PARTILLADAS NA REDE:


Irene, unha rapaza de Beade cunha voz clara e limpa



PARA ACABAR DE POÑER O TOM TOM EN GALEGO

Pódese cambiar o idioma do menú, pero lamentablemente non dá a opción de galego. Aínda ben que ofrece o portugués e o portugués do Brasil. O meu consello é elixires o portugués do Brasil, o que che dará a posibilidade de engadires a voz de computador de Felipe como complemento á voz galega que teñas activada.

As voces galegas son gravadas, danche instrucións nunha encrucillada ou nunha rotonda sempre coas mesmas mensaxes, non hai ningunha de computador. As de computador (ou artificiais) engaden a capacidade de ler textos non fixos, como os nomes das rúas e das vilas.
A mín gústame a voz brasileira de computador Felipe porque o seu acento (sotaque) :) é aberto e claro, menos duro para un ouvido galego que as voces seseantes e de vocais pechadas dos portugueses do sur.

Claro que tes moitas outras voces para escolleres á tua vontade!